
AGESTIC formulou á AMTEGA, actuar nos seguintes puntos: – Smart City – Fogar e edificio dixital – Green TIC
AGESTIC, considera prioritario promover a modernización, o despregamento e a evolución tecnolóxica das infraestruturas de telecomunicación galegas, tanto na área urbana e rural (Smart City) coma no ámbito da edificación (Fogar e Edificio Dixital Sostible) e as tecnoloxías verdes (Green TIC) para garantir a correcta provisión das necesidades de comunicación da Sociedade da Información.

Todos os plans das AA.PP. avaliarán sistematicamente a accesibilidade nos plans que se poñan en marcha, p. ex., comercio electrónico ou identidade e firma electrónica e garantirán que os sitios web do sector público (e os que presten servizos básicos ao cidadán) teñan o máximo nivel de accesibilidade para 2015
Propóñense proxectos de telecoidado (Telecoidados Integrados para Galicia), accesiblidade e usabilidade web (INCLUSITE) e un Encontro sobre Responsabilidade Social Tecnolóxica. – Plan de seguridade da información e cumprimento normativo na Xunta de Galicia
Proposta de AGESTIC á Xunta de Galicia de realización dun Plan de Seguridade da Información, para o cumprimento normativo integral en materia de seguridade da información, posto que non se pode esixir aos cidadáns e empresas este cumprimento sen dar exemplo. – L-administración
Evolucionar a provisión dos servizos públicos actuais cara aServicios 2.0, dispoñibles en todo momento e en todo lugar, cunha experiencia de uso áxil e intuitiva e que fomenten a participación cidadá, a colaboración e a interacción en tempo real. – Telefonía móbil
Seguintes liñas de actuación no campo das comunicacións móbiles: Seguridade, entrega de vídeo e contidos, servizos financeiros, e-health, cloud computing, internet das cousas, produtividade. – Innovación e tecnoloxía en cooperación
Establecer un sistema a semellanza do modelo do País Vasco en cooperación para o emprendemento, o apoio ás start-ups, a creación de empresas de base tecnolóxica, o financiamento e a cooperación pública privada
En conclusión AGESTIC, o que pretende con este Documento é que a AMTEGA, que foi unha excelente iniciativa da Xunta de Galicia para unificar os diferentes departamentos relacionados coa Sociedade das Información, actúe como entidade tractora e sirva de apoio ás asociacións empresariais e empresas TIC de Galicia nun novo escenario de desenvolvemento económico.
AGESTIC propón á AMTEGA liñas de actuación para a modernización tecnolóxica de Galicia
Compartir Este Artigo
