Toshiba anunciou estes días unha nova gama de tablets co sistema operativo Android 4.0 e pantallas de distintos tamaños entre os que destaca especialmente o Rezga AT830, que presenta unha pantalla IPS de 13,3 polgadas cunha resolución de 1.600 x 900 píxeles, procesador nVIDIA Tegra 3 a 1,4 GHz, 1 Gb de RAM, 64 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas SD), cámaras de 5 e 2 Mpíxeles, Bluetooth 3.0, Wi-Fi N, saída microHDMI, USB 2.0, unhas medidas de 343,8 x 211,3 x 9,9 milímetros e un peso de 1 quilogramo, que se ben podería ter certo atractivo para os usuarios que queiran unha pantalla de grande tamaño, a súa resolución pode decepcionar (xa hai tablets con Android con pantallas Full HD) e o seu prezo de 80.000 iens (782,18 euros) parece excesivo. Do que si pode presumir é de ser capaz de reproducir vídeo durante 13 horas seguidas, o que é todo un logro para unha pantalla de grande tamaño.
Toshiba presenta un tablet con pantalla de 13,3 polgadas
Compartir Este Artigo

