
Ou sexa, arquitectos, construtores, instaladores ou técnicos municipais, entre outros.
Amais disto, os enxeñeiros agrupados ao acubillo do COETG desenvolverán accións divulgativas que complementen o labor tecnolóxico propiamente dito. Esta vertente collerá corpo a través dunha serie xornadas específicas sobre o fogar dixital. Tanto o documento como estas accións serán desenvolvidas por un grupo de traballo composto por enxeñeiros de telecomunicación “de diferentes perfís”. A idea é levar o documento a tódolos recantos da nosa terra: aos 315 concellos galegos e ás entidades responsables, real e potencialmente, no desenvolvemento do fogar dixital.
Segundo informou o COETG no transcurso do acto oficial de sinatura, o fogar dixital é especialmente beneficioso para todas aquelas persoas con algunha dependencia, ou ben, para aquelas que, polos motivos que sexan, desexen compaxinar o traballo presencial co labor profesional a distancia. Máis polo miúdo, o fogar dixital é un tipo de residencia “dotada de servizos avanzados que melloran a calidade de vida dos cidadáns e que son posibles grazas á utilización das novas tecnoloxías; esta gama de servizos van dende os relacionados co ámbito asistencial (teleasistencia, teleconsulta,…) ata os relacionados coa seguridade, a eficiencia enerxética ou as comunicacións e o ocio; e fan posible un novo concepto de habitabilidade e sostibilidade dentro do fogar”.
En definitiva, engadiron os enxeñeiros, estamos a falar dun eido de actividade de gran potencial para a mellora da nosa calidade de vida, xa que nos pon o coñecemento ao noso alcance e nos libera, en boa medida, de desprazarnos cada vez que nos é preciso realizar un trámite coas administracións públicas ou un labor profesional.
O COETG desenvolverá diversas actividades para divulgar as vantaxes de termos dixitalizada a vivenda
Compartir Este Artigo

