O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo vén de por en marcha a convocatoria de axudas para o desenvolvemento empresarial de proxectos tecnolóxicos innovadores, por una contía de 533 millóns de euros.
As iniciativas que a convocatoria pon en marcha enmárcanse dentro das elaboradas no ámbito europeo, en consonancia coa Axenda Dixital Europea, dándolle prioridade ás liñas de actuación de competitividade da PEME, da administración electrónica, dos servizos en contornas de mobilidade, ou da incorporación de tecnoloxías prioritarias como cloud computing, entre outras moitas cousas.
O escenario presupostario actual, segundo informan dende a entidade pública, “esixe a máxima eficiencia no uso dos recursos públicos”, polo que esta convocatoria concéntrase en axudas a proxectos que estean preto do mercado e incrementen a competitividade da industria TIC española.
O programa que comeza hoxe é Competitividade I+D, e o prazo para presentar proxectos remata o vindeiro 5 de xullo.
Industria destinará 533 millóns de euros a proxectos tecnolóxicos innovadores
Compartir Este Artigo

