O fabricante surcoreano Samsung, pese a estar a centrar os seus esforzos na produción de pantallas OLED, aínda non desbotou as LED, e como exemplo temos que vén de lanzar por 19,8 millóns de wons (14.104 euros) o impresionante Smart TV ES9000, que presenta unha pantalla de 75 polgadas, un marco de só 7,9 milímetros e o último en tecnoloxía de televisores intelixentes, como aplicacións que aproveitan a conectividade á Rede do televisor como a posibilidade de recoñecer a voz e os xestos do usuario (a través dunha cámara retráctil).
Este televisor tamén pode completarse cun teclado e outros accesorios orientados a tirar proveito da conectividade deste televisor de grande formato.
Samsung comercializa un televisor conectado de 75 polgadas
Compartir Este Artigo

