Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Ayco celebra os seus 15 anos de actividade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Ayco celebra os seus 15 anos de actividade

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/07/2012
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ayco_equipo.jpg A empresa galega Ayco está estes días de celebración por partida dupla: porque vén de cumprir 15 anos de actividade e porque unha boa parte dos seus servizos están a día de hoxe, en pleno verán, fervendo de actividade. E máis se temos en conta que entre as súas achegas recentes atópanse (por poñer uns exemplos) unha aplicación para atoparmos a praia galega que mellor lle acae aos nosos gustos ou unha ferramenta, BDLocaliza, que é o primeiro sistema de xeolocalización de persoas en tempo real deseñado para o novo Samsung Galaxy Tab. Volvendo ao aniversario, dicir que Ayco naceu un día como o pasado 7 de xullo, en 1997, da man de tres compañeiros procedentes de diversas frontes tecnolóxicas (telecomunicacións, informática) que viron na Internet de aqueles tempos, unha cousa en desenvolvemento, a canle imprescindible da comunicación futura.
A longo deste tempo, os froitos da súa aposta foron moitos e de variada natureza (servizos tecnolóxico-dixitais para o Colexio de Xestores de Pontevedra, para CRTVG, o Concello de Vigo ou a Zona Franca de Vigo), combinando esforzos con Vodafone e Blackberry (co fin de chegar a máis clientes e ofrecer oportunidades novas de negocio) e colaborando con proxectos europeos de innovación como ATOM, actividade trala que xurdiu Imaxdi, spin off da que falamos hai pouco en Código Cero para dar conta da súa participación en CATS Galicia presentando tecnoloxía para os eidos social e sanitario. Sobre o seu futuro, os tres impulsores de Ayco adoptan unha postura de optimismo, cousa lóxica e natural tendo en conta o longo treito percorrido e as pólas que lle foron nacendo, nestes anos, ao tronco orixinal. “Hoxe en día”, comentan, “o tronco de Ayco é robusto e ten fortes raizames, e aínda que medra nun medio hostil, conta cunha serie de cousas ao seu favor: experiencia, traballado duro, actividade envorcada ao servizo dos clientes e da mellora dos servizos e aposta firme polo eido 2.0 e tódolos seus elementos: webs, intranets, aplicacións móbiles, redes sociais, etc”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?