
O tablet Kindle Fire tamén se renova, incorporando o dobre de memoria RAM, un procesador máis rápido e unha batería de maior autonomía o que non impide que baixe o seu prezo ata 159 dólares a partir do 14 de setembro, data na que chegará o produto que ocupará realmente o seu lugar, o Kindle Fire HD 7, que por 199 dólares (con 16 Gb de almacenamento) tamén ofrecerá unha pantalla de 7 polgadas (cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles), unha batería cunha autonomía de 11 horas e que vén a ser o irmán pequeno do produto estrea da presentación desta tarde, o Kindle Fire HD, que presume dunha pantalla de 8,9 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.200 píxeles, cámara frontal de alta definición, procesador OMAP 4470 que aseguran que supera en velocidade ao nVIDIA Tegra 3, altofalantes estéreo, 16 Gb de almacenamento interno e un prezo de 299 dólares, o que podería servirlle para competir co iPad. Tamén contará cunha versión con conectividade LTE (4G) e 32 Gb de almacenamento interno a un prezo de 499 dólares.
O Kindle Fire HD 7 estará dispoñilble en capacidades de 16 e 32 Gb, mentres que o Kindle Fire HD terá modelos de 16, 32 e 64 Gb, atendendo á demanda de maior capacidade de almacenamento en dispositivos con pantallas de alta definición (pois os contidos multimedia ocupan considerablemente máis en HD). Os novos tablets tamén contan con conectividade Bluetooth e con saída HDMI, permitindo así conectalos a un televisor para amosar na grande pantalla fotografías e vídeos.
Polo momento descoñécense os plans de Amazon para traer os novos dispositivos a España, sendo de agardar que desta volta si comercialicen no noso territorio os seus tablets, pois a semana pasada estrearon a Tienda Apps, o que enténdese como un indicio do desembarco español dos tablets Kindle Fire (que xa teñen confirmada a súa comercialización no Reino Unido).
ACTUALIZACIÓN: Amazon venderá o Kindle Fire en España por 159 euros, o Kindle Fire HD 7 de 16 Gb por 199 euros e de 32 Gb por 249 euros, aceptando reservas dende hoxe mesmo, e comezando a entregar os produtos o 25 de outubro. Do Kindle Paperwhite e do Kinde Fire HD con pantalla de 8,9 polgadas aínda non se coñecen os detalles da súa comercialización en España.
Vídeo integro do evento de presentación dos novos Kindle de Amazon
Anuncio televisivo do novo Kindle Paperwhite
Anuncio televisivo do novo Kindle Fire HD

