Para converter o iPad nun estudo de gravación sonora portátil temos agora unha interesante solución de Focusrite, o dispositivo iTrack Solo, que vén a ser unha interface de 2 canles que conta con entrada para micrófono XLR e para guitarra eléctrica (ou outro instrumento eléctrico) para poder gravar os seus sinais nas numerosas ferramentas de edición de audio que hai para o tablet de Apple, sendo este dispositivo tamén compatible co ordenador. Deste xeito, teriamos unha interface como moitas dispoñibles para o PC, pero que en mobilidade pode empregarse no iPad, polo que pode resultar moi práctica.
O iTrack Solo permite nivelar o audio (se o seu control de ganancia ilumínase en verde o nivel é atinado, pero se sae en vermello debería reducirse o volume), conta con tomas para altofalantes e auriculares para monitorizar directamente o son e porase á venda o mes que vén por 200 dólares (156 euros).
Vídeo promocional do iTrack Solo de Focusrite
Un dispositivo facilita gravar voz e guitarra dende o iPad
Compartir Este Artigo

