Non só os móbiles con sons indetectables para adultos están a dar que falar máis que nunca na comunidade mobiladicta. Agora tamén expertos en seguridade veñen de deseñar un sistema que activa un son de alta frecuencia nos teléfonos móbiles cando estes son roubados ou perdidos.
Este novo servizo, denominado Remote XT, envía un sinal que fai que no aparello se active unha alarma semellante á dun chío de ton agudo unha vez que foi comunicada a súa perda ou roubo. Este son vai acompañado dunha mensaxe na que se informa que o teléfono foi subtraído e, ademais, queda de xeito automático inoperativo, co fin de evitar que alguén acceda ós datos do mesmo, ben sexan números de contacto, mensaxes ou fotos… absolutamente todo desaparece.
O custo deste servizo, que polo de agora só se ofrecerá no Reino Unido, é de
Sae ó mercado unha alarma antirroubos para móbiles
Compartir Este Artigo

