O Dicionario Enciclopédico Galego das TIC achegará ao noso idioma os
termos e definicións destas tecnoloxías segundo
informa o portal CulturaGalega.org.
O proxecto, que acaba de presentar a Consellaría de Industria, desenvolverase
coa colaboración da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia e
o asesoramento lingüístico da Real Academia.
Previsto para dentro de tres anos, o dicionario ten un orzamento de 167.040
euros, e contará con actualizacións permanentes que se poderán consultar na
rede.
Industria promove un Dicionario das TIC
Compartir Este Artigo

