Tras o fracaso xudicial de
SCO no que a empresa quería o recoñecemento de dereitos sobre parte do código
fonte de Linux (e co que pretendía poder esixir cantidades millonarias a
empresa que empregasen o sistema operativo libre) tiveron que presentar
voluntariamente unha solicitude para acollerse ó Capítulo
11 de bancarrota ante un xulgado de Delaware.
Con este paso se cancela tamén o resto dos procesos xudiciais que SCO tiña
pendentes con Novell e IBM, o que supón unha mala nova para a compañía, aínda
que é ben recibida polos desenvolvedores e usuarios de Linux de todo o mundo.
SCO declárase en bancarrota, finalizando as súas causas xudiciais pendentes
Compartir Este Artigo

