O Goberno de Tailandia está a procurar o bloqueo de certos vídeos de YouTube nos que se acusa ó principal asesor da Coroa de organizar o golpe de Estado de 2006, polo que nestes momentos traballan
en facerse cunha «orde xudicial para bloquear os vídeos destinados a causar confusión pública e ameazar a seguridade nacional» segundo comentaron dende a unidade de delitos en Internet do
Ministerio de Xustiza.
Escríbese así un capítulo máis de censura da Rede en Tailandia, onde a retirada de vídeos de YouTube se está a converter en algo habitual, así coma o bloqueo doutros contidos que alí consideran molestos.
Tailandia quere bloquear o acceso a varios vídeos en YouTube
Compartir Este Artigo

