Un voceiro de Konami,
Yoshitaka Arai, recoñeceu para a publicación nipona Morningstar que «a demanda global por unha versión para Xbox
360 (do xogo Metal Gear Solid 4) e bastante elevada, e é algo que estamos a
analizar», incrementando
os rumores de que o xogo de Hideo Kojima podería deixar de ser exclusivo para a
PlayStation 3, continuando a racha de exclusividade que perde Sony
nos últimos meses e confirmando que os estudos independentes non teñen outro
remedio que facer desenvolvementos multiplataforma para rendibilizar as súas
creacións.
Metal Gear Solid 4 podería saír para Xbox 360
Compartir Este Artigo
