Para cumprir coa
promesa de Google de facer de Android unha plataforma de aplicacións para
móbiles aberta distribúe dende hai unhas horas o código fonte do sistema baixo
licenza Apache, permitindo
a compilación da plataforma completa dende Linux ou Mac OS X para a
súa posterior modificación.
Esta versatilidade de Android podería non importar a moitos usuarios finais,
pero é un factor chave para atraer a operadoras tradicionais a incorporar esta
plataforma como propia.
Google publica o código fonte de Android
Compartir Este Artigo
