Sony anunciou durante
a feira IFA que en 2010 pretende revolucionar o consumo audiovisual doméstico
con televisores Bravia compatibles cos contidos tridimensionais, que poderían
achegar a través de Blu-ray e/ou da PlayStation 3, aínda que tamén resulta
igualmente destacable o feito de que para o
ano que vén os televisores das series V5800, W5800 e Z5800 inclúan un triple
sintonizador de alta definición adaptado para as emisións
terrestres, satélite e de cable, contando tamén cunha fenda para Common Interface (polo que serán
compatibles coa TDT de pago).
Sony prepara televisores 3D para 2010
Compartir Este Artigo
