
Estas axudas, que contan cunha partida orzamentaria de 1.077.000 euros ata 2014, están dirixidas a familias e empresas con enderezo en Galicia que non poidan dispor de conexións de acceso á Rede dunha velocidade mínima de 2 Mbps mediante tecnoloxías distintas á do satélite. Aos beneficiarios sufráganselles os gastos de instalación e o custo do equipamento de usuario, cunha contía máxima de 500 euros, condicionado á permanencia no servizo durante un ano, sendo o prezo de alta de liña e o importe da tarifa do primeiros mes de balde.
O 87% dos solicitantes contrataron servizos de 8 Mbps de baixada, o 8% optou por conexións a 2 Mbps e o restante decantouse por unha conexión de 4 Mbps. No 71% dos casos tamén contratouse servizo de telefonía.
As zonas de maior demanda concéntranse nas comarcas luguesas da Terra Chá e Sarria, Ordes, Arzúa e Muros na Coruña, Castro Caldelas en Ourense e A Estrada, Forcarei e Lalín en Pontevedra, sendo as entidades colaboradoras que tramitaron estas axudas Quantis, Tripla, Duo Telecom, Intermax Tecnology e Eurona.
676 familias galegas puideron beneficiarse de axudas para acceder á Internet por satélite
Compartir Este Artigo
