
O EX Hybrid Controller para iPhone 5 está á venda por 49,90 dólares (37,84 euros) en cor branca ou negra, comunícase co móbil por Bluetooth 3.0, funciona cunha batería recargable que ten unha a autonomía de 40 horas de uso e 160 horas en espera, é resistente a auga e po e presume de ser o teclado máis lixeiro e delgado nunca feito para o iPhone. Esta solución está composta por unha carcasa traseira para o iPhone 5, un par de paneis extraíbles imantados que fan de teclado QWERTY ou de joypad, unha estación de carga e un cable micro USB.
Vídeo de demostración do curioso accesorio multi-función para o iPhone 5

