
A consola PISTON funcionaría cun procesador de catro núcleos a 3,2 GHz, 8 Gb de RAM e unidade SSD de 128 Gb (con opcións de ampliación a 256 ou 512 Gb) e durante o seu proceso de reserva véndese a 899,99 dólares (690,52 euros), ou sexa, uns 100 dólares menos que o prezo previsto cando o produto chegue ás tendas, o que non parece un prezo precisamente asumible, pero que responde á innovación deste produto modular de tamaño reducido que é capaz de correr os últimos videoxogos para PC de xeito satisfactorio cun nivel gráfico moi superior á actual xeración de consolas de videoxogos.
Resulta evidente que a consola PISTON non competirá en prezo coa PlayStation 4 ou a futura Xbox, pero será unha opción para os que queiran casar o mellor do xogo para PC co formato compacto das consolas de videoxogos, aínda que posiblemente un dos seus principais problemas será que non chegará ao mercado ata finais de ano.
Vídeo de presentación da PISTON de Xi3 Corporation
Ábrese o proceso de reservas da videoconsola PISTON
Compartir Este Artigo

