Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Compostweets chega á súa terceira edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O Compostweets chega á súa terceira edición

Marcus Fernández
Publicado: 21/03/2013
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

compostweets_2012_02-2.jpgO Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Santiago de Compostela acolle este venres a celebración do III Encontro Anual de Social Media en Galicia coñecido como Compostweets, que nesta ocasión concentra a súa actividade nunha sesión de tarde que botará a andar ás 14:15 horas nun acto de apertura na que Raquel Lemos Publiwoman desenvolverá unha acción de networking que conducirá a un relatorio de Rodolfo Carpintier no que explicará como Internet pode salvar a túa empresa ou… afundila, e que será o prato forte deste evento no que os profesionais galegos do sector das redes sociais danse cita.
Repetindo a experiencia do ano anterior, ás 18:05 horas exporanse seis proxectos baseados na Internet que tras pasar unha fase de selección están a gozar dun proceso de titorización por parte dun grupo de mentores que abordan catro aspectos básicos: a análise do produto/servizo, a estratexia de comunicación, a xestión e execución do proxecto e o seu financiamento. Encargaranse destas exposicións Itziar Villar (Twin Shoes), Diego Carracedo (Marcasparapymes.com), César González (Felicitame.es), Marcos Pereira (Escompring), José Tamarit (ISENDYOU.TV) e Alexis Vegas (Nuuuki), recibindo o gañador formación a través da Escola Europea de Negocios grazas a un acordo coa AJE Galicia.
Para pechar o encontro, o director de Social Media e SEO de Elogia, Rubén Bastón, impartirá unha conferencia sobre o marketing dixital como acelerador das ventas en liña.
A presente edición do Compostweets está arroupada por varias actividades fóra de programa, como un xantar no restaurante Barrigola e unha Compostnight para rematar a xornada cunha sesión de networking nocturno. Tamén cómpre destacar que para facer un seguimento en tempo real ou, simplemente atopar a localización do CNTG, o evento conta cunha aplicación oficial de balde para iOS desenvolvida por Bits for Meetings.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

O videoxogo galego In Nomine Rally pon a proba a capacidade de IA para crear novas e revolucionarias aventuras
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?