A chegada de Windows 8 ao mercado está a ser un tanto complicada, principalmente pola reticencia ao cambio por parte dos consumidores, aínda que iso posibilitou toda unha revolución no sector que deu pé a creación de equipos con formatos moi innovadores e versátiles, pero dende Microsoft non queren quedar quietos, e levan un tempo traballando nunha actualización do seu sistema operativo que coñecíase informalmente como Windows Blue, e que a vicepresidenta de Microsoft, Tami Reller, confirmou que levará finalmente por nome Windows 8.1, e que sorprendentemente chegará como actualización de balde para Windows 8 a través da Windows Store (o feito de que o prezo de lanzamento de Windows 8 fose moi reducido daba a entender que as actualizacións serían de pagamento como fai Apple co seu OS X).
Windows 8.1 buscará axudar á introdución no mercado de novos ordenadores e tablets, adaptándose ás demandas dos consumidores coa posta ao día das súas funcionalidades e posibles axustes na súa interface de usuario (pois o feito de eliminar o botón de inicio e amosar de xeito predeterminado a interface moderna de Windows 8 era un atranco para os usuarios que empregan un rato básico como sistema de control ou contan cunha pantalla de pequeno tamaño). Está previsto que a actualización a Windows 8.1 ao longo do presente ano, estreando unha versión de proba pública o vindeiro 26 de xuño.
Windows 8 recibirá de balde unha importante actualización este mesmo ano
Compartir Este Artigo
