Para escoitar música mentres se practica natación Finis propón o seu novo reprodutor de MP3 Neptune, que consegue unha boa calidade de son debaixo da auga sen auriculares por empregar un nítido sistema de transmisión do son baseado na condución ósea, chegando ao ouvido a través dos pómulos. Este reprodutor ten unha capacidade de almacenamento de 4 Gb e está composto por 3 partes: un par de altofalantes laterais o reprodutor en si mesmo, que debe colocarse detrás da cabeza durante o seu uso e integra unha pantalla OLED de alto contraste para permitir consultar a información sobre o estado de uso e os temas reproducidos.
Este reprodutor pode conectarse comodamente á correa das lentes de natación, de xeito que non interfire durante a práctica deportiva. Inclúe cable de carga, ten unha autonomía de ata 8 horas por carga e para a xestión dos seus contidos pode empregarse iTunes. O seu prezo de venda nos EE.UU. é de 159,99 dólares (123,73 euros).
O reprodutor de Finis visto en vídeo

