
Ao longo desta xornada, Gradiant revisará o estado actual das tecnoloxías de visión por computador e análise de vídeo intelixente, facendo fincapé na súa aplicabilidade en casos reais de interese para empresas TIC e doutros sectores. Durante a xornada farase demostración in situ das capacidades do centro galego neste eido, e identificaranse as tendencias futuras e oportunidades de negocio.
Programa da xornada
10:00 – 10:30 Recepción de asistentes
10:30 – 10:40 Benvida
10:40 – 10:55 Charla: introdución
10:55: – 11:25 Charla 1: Seguridade e Smart Cities: Plataformas de Video Analytics e as suas Aplicacións
Este relatorio versará sobre sistemas de video analytics, tanto dende o punto de vista da tecnoloxía como das súas aplicacións. En primeiro lugar, describirase o devandito concepto (interpretación de escenas), o cal axudará a xustificar a súa aplicabilidade en numerosos escenarios prácticos, como é o caso da seguridade e das smart cities. Posteriormente, farase unha breve introdución ó estado da arte, presentando tecnoloxías maduras así como retos aínda non superados. Por último, presentarase a solución de Gradiant. Neste apartado destacaranse as capacidades de análises e integración da devandita solución, e apuntaranse liñas de traballo presentes e futuras, incidindo na súa bondade de cara a potenciais mercados e clientes.
11:25 – 11:55 Charla 2: Seguridade e Interfaces Home-Máquina: Recoñecemento Biométrico e Análise Facial
Introduciranse os conceptos de recoñecemento biométrico e análise facial, enumerando os diferentes campos de aplicación. Prestarase especial atención a cal é o estado actual da tecnoloxía, tratando de aclarar que problemas permite resolver a día hoxe e cales permanecen fóra do seu alcance. Ademais, mostraranse casos reais de uso nos que Gradiant está a traballar: control de acceso mediante recoñecemento facial, clasificación demográfica para cartelaría dixital, e tracking facial e análise de expresións para HCI, lecer e saúde, entre outras.
11:55 – 12:25 Charla 3: Aplicacións dos Sensores 3D en Saúde e Retailing
Este relatorio centrarase nas posibilidades da análise de vídeo capturado con sensores 3D de electrónica de consumo, como Kinect de Microsoft ou Xtion de Asus. Ademais, presentaranse os resultados iniciais de dous proxectos de Gradiant nos que se utilizan devanditos sensores e análises de imaxe 3D: 1) plataforma de adestramento físico e rehabilitación para o fogar mediante recoñecemento de xestos; e 2) sistema automático de reconto de persoas para medida da capacidade e a súa utilidade en retailing.
12:25 – 12:55 Coffee break + sesión demo
12:55 – 13:25 Charla 4: Realidade Aumentada e as suas Aplicacións en Diversos Sectores Produtivos
Neste relatorio introducirase o concepto de realidade aumentada (RA), describindo algunhas das tecnoloxías que a fan posible (localización en exteriores, e fixacións visuais mediante análises de imaxe). Ademais de repasar distintos esquemas (estáticos, con mobilidade, non intrusivos), prestarase especial atención á utilidade da RA en sistemas de información dependentes do contexto, a aplicación da RA en múltiples sectores (industrial, enxeñaría, fabricación, saúde, educación, entretemento, turismo, alimentación, construción, moda, etc.), e as solucións de RA que ofrece Gradiant.
13:25 – 13:55 Charla 5: Mesa redonda: perspectivas e oportunidades.
A mesa redonda tratará ademais temas coma os mecanismos de financiamento para os proxectos como poden ser o Fondo Tecnolóxico, Innova PeMES,…
13:55 – 14:00 Peche da xornada
14:00 – 14:30 Sesión demo
