
O vicepresidente executivo de Rovio Entertainment, Jami Laes, asegura que “Angry Birds e Star Wars son dúas franquías con millóns de seguidores en todo o mundo, estamos encantados do noso acordo con Activision para facer posible a unión destas dúas recoñecidas franquías”.
A nova versión do xogo incluirá, aparte dos 22 escenarios do xogo para dispositivos móbiles, outros 20 niveis exclusivos, e tamén contará cun modo cooperativo para dous xogadores e un modo competitivo de ata 4 xogadores. Tampouco lle faltarán logros/trofeos e táboas de puntuación en liña.
Trailer de presentación da adaptación de Angry Birds: Star Wars a consolas
Angry Birds: Star Wars chegará a consolas de videoxogos
Compartir Este Artigo
