A consultora IDC vén de publicar os datos relativos ao mercado de teléfonos móbiles durante o segundo trimestre de 2013, no que os fabricantes terían posto en circulación 432,1 millóns de terminais, mellorando os 407,7 millóns do mesmo período do ano anterior e incluso superando os 428,8 millóns de unidades do primeiro trimestre do ano, aínda que podendo destacarse o feito de que só un puñado de fabricantes acumulan a meirande parte das vendas (os 5 maiores fabricantes acapararían o 55,2% dos dispositivos).
Se nos centramos no mundo smartphone temos que o seu volume durante o segundo trimestre tamén foi moi importante (237,9 millóns de unidades) superando considerablemente os datos do ano anterior (156,2 millóns) e confirmando así a tendencia na que os móbiles con conexión á Internet están a ter unha demanda cada vez maior, deixando cada vez máis marxinados aos móbiles básicos (que manteñen o seu volume en grande medida polos mercados emerxentes).

Se en vez de mirar só aos smartphones, atendemos aos móbiles en xeral, temos que Apple pasaría a un digno terceiro posto, precedido por Nokia, que con 61,1 millóns de móbiles vendidos consegue manter o seu peso no mercado, aínda que caendo un 27% con respecto ao segundo trimestre de 2012. Samsung mantén a súa fortaleza con 113,4 millóns de móbiles vendidos, medrando un 16,3% interanual.
Samsung continúa a liderar as vendas globais de smartphones
Compartir Este Artigo
