
Os discos Blu-ray teñen capacidades de 25 e 50 Gb (segundo empreguen 1 ou 2 capas), existindo tamén variantes de ata 100 Gb, pero Sony e Panasonic buscan crear unha evolución destes discos que poida almacenar un mínimo de 300 Gb antes de rematar 2015.
Os fabricantes aseguran que os discos ópticos continúan a ter sentido, pois demostran ter excelentes propiedades para protexelos do contorno, soportando po, auga, humidade… e outras agresións que outros soportes non toleran do mesmo xeito, resultando moi robustos como almacenamentos de contido a medio e longo prazo, que teñen que evolucionar para atender as novas necesidades de almacenamento (especialmente agora que, aparte da alta definición, nos sistema de vídeo están a emerxer formatos de ultra alta definición, que deixan cativo calquera dos soportes actuais).
Sony e Panasonic aspiran a fabricar discos ópticos de 300 Gb para 2015
Compartir Este Artigo
