Unha reportaxe publicada polo The Wall Street Journal está a dirixir moitas miradas ao FBI, pois a axencia de seguridade norteamericana estaría a empregar de xeito habitual certas prácticas que algúns denominan hacker para conseguir información de sospeitosos, no que consideran que é a versión moderna das escoitas telefónicas.
Aínda que as axencias federais non divulgan os seus métodos, The Wall Street Journal conseguiu bastantes detalles sobre algunhas tácticas empregadas polo FBI como sería o uso de spyware en ordenares e móbiles que chegarían aos seus obxectivos a través de correo electrónico ou ligazóns web (como fai calquera outro software malintencionado). Deste xeito, as autoridades poderían activar remotamente o micrófono de móbiles con Android para gravar conversas, o que tamén podería facerse cos micrófonos de ordenadores portátiles, métodos que están a empregarse para perseguir o crime organizado, a pornografía infantil e incluso o terrorismo.
Ao parecer, existen evidencias destas prácticas por parte do FBI dende 2005, aínda que os oficiais da división informática do organismo asegura que estes métodos de vixilancia só se empregan cando non hai outra alternativa, e tamén aseguran que emprenden estas medidas coas mesmas garantías que outros métodos de vixilancia.
Unha reportaxe suxire que o FBI piratea ordenadores e móbiles para facer escoitas
Compartir Este Artigo
