O servizo musical de pagamento de Google, dispoñible dende hai meses en EE.UU., chega finalmente a varios países europeos entre os que se atopa España, de xeito que xa podemos contratar Google Play Music Premium por 7,99 euros/mes (de contratalo antes do 15 de setembro e podendo gozar do primeiro mes de balde a xeito de proba) ou por 9,99 euros mes (de contratalo a partir do 15 de setembro).
O servizo musical facilita o acceso dende dispositivos Android e dende o ordenador a un impresionante catálogo musical con temas das principais discográficas e incluso de selos locais e independentes, no que podería considerarse como unha alternativa a Spotify, que permite almacenar de balde ata 20.000 cancións en liña que teñamos no ordenador, móbil ou tablet para poder escoitalas dende calquera dos nosos trebellos; coñecer as novidades que hai no mercado facendo uso da función de exploración (o que facilita coñecer a novos artistas e álbums); ter un servizo de radio en liña (poden crear emisoras cos nosos gustos musicais ou acceder a emisoras recomendas); ou escoitar directamente aos artistas e emisoras de radio que o servizo de Google considere que se axustan máis aos gustos do usuario.
Aínda que conte con millóns de cancións, o servizo tamén pode combinarse coa colección musical do usuario e completarse coa compra de temas e discos en Google Play, de xeito que centralizamos a súa reprodución. As cancións e álbums que estean en liña e que consideremos que son do noso agrado tamén poderemos marcalas para que estean dispoñibles cando non teñamos acceso á Rede.
Chega a España o servizo musical de subscrición Premium de Google
Compartir Este Artigo
