Nokia vén de dar conta da versión 2.5.0.0 de Runtastic, a aplicación persoal para correr ou practicar deporte que rexistra as actividades deportivas, axuda a sentirse motivado e axuda a obter uns mellores resultados, convertendo aos móbiles con Windows Phone en auténticos adestradores GPS que, para facer máis doadas de levar estas actividades tamén facilita a reprodución musical, integrando nesta nova versión a posibilidade de acceder a 4 emisoras de fitness diferentes do servizo Nokia Música (Cardio Top Hits, Power Workout Mix, Chart Mix e Dance Mix) podendo tamén completar tal música con temas da emisora En mi maleta, creada coas cancións suxeridas polos participantes do concurso Embajador Nokia Música.
Para poñerse en forma durante o verán Nokia tamén quere recomendar a aplicación Gym PocketGuide que inclúe numerosas táboas de exercicios, acompañadas con vídeos e imaxes de alta calidade e guías paso a paso.
Runtastic para Windows Phone integra o servizo Nokia Música
Compartir Este Artigo
