Os usuarios do servizo de televisión premium de Movistar TV poden agora gozar de Go, unha nova funcionalidade que facilita o acceso aos contidos televisivos contratados a través de dispositivos conectados á Internet como ordenadores e dispositivos móbiles (conta con aplicación oficial para iOS e para Android).
Movistar Go permite reproducir boa parte dos contidos televisivos que teñan contratados os seus clientes en practicamente calquera lugar, o que resulta ideal no período estival (onde é máis habitual estar afastado do fogar), e no seu arranque, limita a súa oferta 13 canles (principalmente con series de televisión e películas, como FOX, AXN, Calle 13, TNT, Hollywood… á vez que non esquece ao público infantil incluíndo Nickelodeon e Disney Jr.) e a unha videoteca con máis de 300 películas (entre as que non faltan os grandes éxitos de Disney).
O servizo será inicialmente de balde, precisando de rexistro vía web ou chamando ao 1004. Contrasta claramente con Canal+ Yomvi, que tamén ofrece o acceso a contidos de televisión de pagamento a través da Internet, pero que conta coa opción de contratación por parte de usuarios que non gocen do servizo doméstico por 9,95 euros/mes + IVE.
O servizo de televisión de Movistar faise móbil
Compartir Este Artigo
