Aínda que Google estrea actualizacións de Android con certa frecuencia, aparte dos dispositivos Nexus ou dos terminais con Google Edition, é preciso agardar bastante para poder gozar das últimas novidades do sistema operativo móbil, pero para moitos chegan ao rescate as ROM alternativas como CyanogenMod, que facilitan que na súa última versión 10.2 (inestable) inclúe finalmente Android 4.3, polo que os usuarios que gusten de optar por este tipo de versión de Android e non teman ao risco de empregar unha nightly build a porta ás últimas novidades de Android queda aberta.
A nightly build de CyanogenMod 10.2 xa está dispoñible para móbiles como o Sony Xperia Z, o Motorola Razr, o Samsung GALAXY Note II, o LG Optimus 4X HD, o LG Optimus L9, o HTC One, o Samsung GALAXY S II/III/4 e incluso o Kindle Fire de Amazon entre outros dispositivos.
CyanogenMod permite actualizar numerosos dispositivos a Android 4.3
Compartir Este Artigo
