Tras anos de rumores sobre un posible iPhone de baixo custo parece que o 10 de setembro será o día no que Apple presentará o sucesor do iPhone 5 e, por primeira vez, lanzaría 2 modelos do seu móbil, que se atendemos ás informacións que levan semanas circulando pola Rede serían unha versión actualizada do actual smartphone, o iPhone 5S (que como novidade contaría cun modelo de cor dourada) e un iPhone 5C, que tería un acabado plástico en vez de metálico, xunto con outras prestacións reducidas para ter un prezo máis axustado e poder manter así certo nivel de vendas nun momento no que Android está a arrasar o sector a nivel internacional. O novo iPhone económico tamén venderíase en distintas cores, polo que podería ser unha especie de iPod Touch con teléfono.

Agárdase que o lanzamento de novos modelos de iPhone durante o mes de setembro poida contribuír a un incremento de vendas durante o terceiro trimestre do ano, e aínda que inicialmente é de agardar que o suposto iPhone 5C teña unhas vendas superiores ao iPhone 5S, o iPhone de alta gama podería rematar o ano vendendo máis unidades, pois non pode esquecerse que os seus compradores buscan principalmente un smartphone Premium.
Apple podería presentar un iPhone económico o mes que vén
Compartir Este Artigo
