Preto da terceira parte das aplicacións en BlackBerry World poderían corresponder a un único editorMentres a App Store e Google Play teñan máis de un millóns de aplicacións nos seus catálogos, a competencia continúa a inchar o peito co crecemento do número de aplicacións para os seus dispositivos, pero estes datos poden verse dun xeito moi crítico, pois ante o feito de que o director xeral de BlackBerry asegurase en maio que en BlackBerry World hai un total de 120.000 aplicacións chega agora o descubrimento de que máis de 48.000 corresponden a un único editor, un tal S4BB Limited, que na súa meirande parte carece de interese, o que daría a entender que o catálogo de aplicacións móbiles para BlackBerry de xeito efectivo sería moi inferior ao que queren dar a entender. Este descubrimento non máis que unha lousa máis sobre BlackBerry, compañía que non está a vivir bos momentos por contar cunhas malas previsións de futuro provocadas pola mala recepción dos seus terminais con BlackBerry 10 por parte do público, que relegaron á compañía a unha cuarta posición en sistemas operativos móbiles (véndose adiantada por Windows Phone).