Non son poucas as veces que co noso smartphone tomamos fotografías a textos, e conscientes diso dende Microsoft decidiron incorporar a SkyDrive unha solución de recoñecemento óptico de carácteres (OCR), que aplicarase automaticamente ás fotografías que se suban automaticamente do móbil (pensando principais mente nos usuarios de Windows Phone) soportando polo momento entre as linguas recoñecidas o inglés, o portugués, o español o francés e o alemán.
Deste xeito, cando fotografemos un texto, teremos tanto a súa imaxe gardada en SkyDrive como o seu contido en formato texto (accesible dende as propiedades da imaxe), o que resulta moi cómodo para os que capturen artigos da prensa, etiquetas dunha tenda ou mesmo tarxetas de visita.
Durante esta semana debería rematar a aplicación desta funcionalidade de SkyDrive para que estea dispoñible para todos os usuarios.
SkyDrive comeza a recoñecer o texto da fotografías que tomemos co móbil
Compartir Este Artigo
