As tendas de Imaginarium levan un tempo ofrecendo con bastante éxito os seus tablets SuperPaquito, que actualmente están á venda por 249 euros cunha pantalla de 9,7 polgadas, e para ofrecer un dispositivo máis portátil e económico presentan agora o Paquito Mini, un novo tablet infantil con pantalla de 8 polgadas (cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles) que contén o seu prezo nos 179 euros.
Estamos ante un tablet con numerosos contidos precargados aptos para os cativos, con sistema de control paterno (permite limitar o tempo de uso do dispositivo e os contidos aos que pode accederse), ten un procesador de 4 núcleos, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD), saída microHDMI para poder conectalo ao televisor (inclúe cable), cámaras de 2 e 0,3 Mpíxeles e funda de transporte (que tamén pode facer de soporte do tablet).
Imaginarium estrea o seu tablet infantil Paquito Mini
Compartir Este Artigo

