
UCGAL considera que non é admisible que se permite a comercialización de produtos como o ADSL que só entregan de media o 67% da velocidade contratada (segundo evidencia un estudo recente da Comisión Europea) e queren dar a coñecer os datos do estudo mencionado para que os consumidores poidan coñecer o grado de calidade que ofrecen as distintas compañías que subministran o servizo de acceso á Rede.
No estudo analízanse as velocidades de baixada e subida, a fiabilidade e estabilidade da conexión e as avarías e reclamacións, destacando que Ono, R e Movistar son líderes en velocidades medias de descarga (superando o 90%), resultando curioso que estas compañías poidan estar nos extremos á hora de recibir reclamacións, sendo Movistar a compañía menos reclamada e Ono a que máis (con ata 5 veces máis reclamacións). R sería o operador territorial con máis reclamacións. Sobre a tardanza en atender as reclamacións, Jazztel sería a compañía máis rápida (cunha media de 15 días) e R a máis lenta (con 33 días). R tamén sería o operador con máis avaría declaradas.
Deste estudo chega a concluírse unha puntuación para os principais operadores, que reciben unha nota media dun 6,97, que que quedaría así: Movistar (8,05), Ono (7,67), Euskaltel (7,54), Telecable (7,48), Jazztel (7,14), Vodafone (6,26), R (5,88) e Orange (5,73).
UCGAL reclama unha mellora dos servizos de acceso á Internet
Compartir Este Artigo
