

Jean Marc Vignolles, conselleiro delegado de Orange España, e Carlos Negreira Souto, alcalde da cidade, mantiveron hoxe un encontro no que o conselleiro delegado de Orange comentou os plans da operadora para o despregamento da cuarta xeración móbil, coa que os habitantes da cidade poderán navegar a velocidades ata 10 veces superiores ás actuais redes móbiles.
Neste momento, a cobertura 4G de Orange cobre a totalidade do municipio: polo noroeste chega ata a Torre de Hércules, e polo sur cóbrese o recinto feiral ExpoCoruña e o Coliseum. Haberá ademais cobertura 4G nalgúns núcleos urbanos da periferia e nos polígonos industriais de POCOMACO e da Grela. O ano que vén seguirase estendendo a cobertura 4G aos arredores da cidade e a municipios como Ferrol e Santiago de Compostela.

Orange lanzou os seus servizos 4G en España o pasado 8 de xullo. Nestes momentos, a compañía ten cobertura 4G en Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Málaga, Murcia, Zaragoza, Bilbao, Alacante, Córdoba, Palma de Mallorca, Las Palmas de Gran Canaria, Valladolid, Vigo e A Coruña. En 2014, a compañía continuará co despregamento 4G, co fin de cubrir todas as capitais de provincia españolas.
Nova oferta de tarifas para os servizos 4G
Para que os clientes poidan gozar ao máximo dos seus servizos 4G, Orange anunciou a renovación e simplificación da súa oferta de tarifas de contrato, tanto para o mercado residencial coma para autónomos e empresas. O novo catálogo de tarifas de Animais de Orange, que inclúe tarifas 4G dende 23 euros ao mes, faise máis sinxelo e adáptase ás novas necesidades do mercado.
Por outra parte, para este lanzamento, Orange dispón de smartphones, tablets e outros dispositivos 4G dos principais fabricantes do mercado como HTC, Huawei, LG, Sony e Samsung. En poucos meses se irán incorporando novos terminais, confirmando a aposta de Orange pola democratización dos smartphones con tecnoloxía 4 G.
Orange anunciou os seus servizos móbiles 4G na cidade da Coruña
Compartir Este Artigo

