Durante o congreso Chrip
organizado por Twitter, Evan Williams anunciou que a popular rede de
microblogging vai
estrear en breve unha aplicación oficial para Android, aínda que sen
deixar claro se ían mercar unha aplicación existente (lembremos que veñen
de mercar Tweetie 2 para iPhone) ou se están a desenvolver a
aplicación internamente.
Resulta curioso que nun momento de achegamento de Twitter con desenvolvedores
de aplicacións para a súa plataforma, a compañía potencie aplicacións oficiais
propias.
Twitter contará con aplicación oficial para Android
Compartir Este Artigo
