A conferencia para desenvolvedores organizada por
Apple (WWDC) terá lugar entre
os días 7 e 11 de xuño no centro Moscone West de San Francisco, e
alí poderanse informar sobre as últimas novidades en ámbitos coma a difusión de
vídeo utilizando estándares web, a creación de xogos para a plataforma Game
Center ou o desenvolvemento baixo o novo iPhone OS, agardándose tamén que as
xornadas comecen coa presentación do novo modelo do iPhone, como aconteceu en
pasadas edicións.
O novo iPhone podería presentarse oficialmente o 7 de xuño
Compartir Este Artigo
