Microsoft anunciou
a través de Twitter que dende hoxe será posible adquirir a súa
consola Xbox 360 Arcade por 169 euros, mentres que as versións da Xbox 360
Elite (con disco duro de 120 Gb e un xogo de agasallo) venderanse a 199 euros,
no que parece
unha estratexia de liquidación de existencias de cara ao lanzamento
dun novo
modelo de Xbox 360 máis delgado do que leva un tempo falándose.
A Xbox 360 reduce o seu prezo
Compartir Este Artigo
