O sinal de TVE Internacional abandona a oferta da plataforma DTH
CanalSatellite de Francia e, coma consecuencia, deixará
de estar difundida por Astra en Europa, polo que os usuarios que queiran seguir recibindo as canles de televisión TVE Internacional e 24 Horas, e as canles de radio Radio 1, Radio 3, Radio 4, Radio 5 Todo Noticias, Radio Clásica e Radio Exterior de España deberán
orientar as súas antenas parabólicas ao satélite Eutelsal HotBird 8, dende o que poden recibirse de balde.
Televisión Española abandona Astra en Europa
Compartir Este Artigo
