Hai un par de anos comentamos un curioso teléfono chamado SpareOne, que presumía de poder manter a súa carga ata 15 anos, o que o faría ideal para o seu uso como teléfono para emerxencias, pero a compañía que fabrica este dispositivo (que actualmente pode conseguirse por menos de 50 euros) continuou a evolucionalo, de xeito que agora conta no seu catálogo co SpareOne Plus, que ten un prezo de 79,99 dólares (58,55 euros) e ofrece prestacións melloradas con respecto ao seu predecesor.
O SpareOne Plus tamén é capaz de manterse a carga durante 15 anos coa batería incluída, que ten unha autonomía de ata 10 horas en conversa, LED para facer de lanterna (ata durante 24 horas coa batería mencionada) ou para empregar para pedir axuda, función de serea (tras premer o botón de volume durante 10 segundos emitirá un son elevado para chamar a atención pedindo axuda), conta con resposta sonora (repetindo en voz alta os números marcados e outras notificacións) e distribúese nunha bolsa resistente á auga (que facilita o uso deste móbil básico en condicións desfavorables nas que outros terminais quedarían estragados).

Está previsto que, grazas á colaboración de DryWired, en breve estea dispoñible no modelo SpareOne Plus 101X, que será resistente á auga como puido verse na pasada edición do CES de Las Vegas.
Vídeo promocional do SpareOne Plus

