LG non quixo agardar ao Mobile World Congress (MWC) para amosar unha das súas grandes apostas para os vindeiros meses, e presenta hoxe o novo smartphone LG G Pro 2, sucesor do LG G Pro que fora considerado como o mellor smartphone durante a pasada edición do MWC de Barcelona, e que presenta unha enorme pantalla IPS Full HD de 5,9 polgadas cun marco de só 3,3 milímetros. O LG G Pro 2 non só incrementa a diagonal da súa pantalla en 0,4 polgadas, senón que tamén mellora o seu son conseguindo un volume un 30% superior mantendo unha boa calidade.
O novo tabletófono de LG integra unha cámara traseira de 13 Mpíxeles con estabilización óptica de imaxe, capaz de gravar vídeo el alta definición a 120 fotogramas por segundo (para permitir a edición en cámara lenta) e incluso vídeo en ultra alta definición (4K), cámara frontal del 2,1 Mpíxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 800 de catro núcleos a 2,26 GHz, 3 Gb de RAM, 16/32 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD), Bluetooth 4.0, Wi-Fi AC, NFC, batería de 3.200 mAh, un grosor de 8,3 milímetros, un peso de 172 gramos e carcasas en 3 cores distintas (branco, prata e titán).
Polo momento non se concretou nin a data de lanzamento nin o prezo do novo smartphone, sendo previsible que anuncien máis detalles do mesmo durante o MWC de Barcelona.
O LG G Pro 2 terá pantalla de 5,9 polgadas e gravará vídeo en 4K
Compartir Este Artigo

