O pasado xuño falábamos de que o 62% das sedes xudiciais galegas gozaban xa de acceso á Rede de 100 Mbps e agora informan de que as medidas adoptadas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) fixo posible que 35 edificios das 45 sedes xudiciais nas catro provinciais galegas gocen xa deste tipo de acceso á Internet a alta velocidade.
Esta mellora das infraestruturas de telecomunicacións das sedes xudiciais está enmarcada no Plan de Banda Larga de Galicia, que en colaboración co operador R está a achegar redes de nova xeración (NGA) con velocidades que chegan a multiplicar por 10 as velocidades de baixada e a quintuplicar as velocidades de subida, o que resulta especialmente beneficioso en contornos nos que varios usuarios accedan simultaneamente á Rede.
Con esta actuación búscase dotar tanto ás cidades como ao rural da mellor conectividade posible, e avanzar na modernización da xustiza con iniciativas como o Plan Senda para introducir as TIC no eido xudicial galego, que leva investidos 13,7 millóns de euros no período 2009-2012. As medidas do Plan abranguen a mellora das infraestruturas de telecomunicacións das sedes xudiciais, a implantación e actualización dos sistemas de información.
O 78% das sedes xudiciais galegas contan con conexión á Rede de 100 Mbps
Compartir Este Artigo
