Durante os últimos anos non foron poucas as solucións que buscaron dotar de teclado físico ao iPad para mellorar o seu uso en labores de produtividade, tendo que adaptase paulatinamente ás distintas revisións do tablet de Apple, e o último accesorio deste tipo do que tivemos coñecemento é o CruxENCORE, que pretende converter o iPad Air nun ordenador portátil, para o que están a recadar fondos a través de Kickstarter, onde a 10 días para rematar a campaña teñen completado a metade dos 90.000 dólares que procuran para facer posible o produto.
Este accesorio destaca polo seu coidado deseño de aluminio e pola súa funcionalidade, deixando espazo libre para as cámaras e os portos do iPad Air, e por non limitarse a engadir un teclado cunha calidade comparable ao dun Macbook, senón que esta integración tamén é especialmente afortunada por realizarse a través dunha bisagra que de 360 graos que permite usar o tablet en catro posicións distintas: modo portátil, modo película, modo tablet e modo transporte (para o que conta tamén cun sistema de peche para evitar que se abra accidentalmente). O teclado Bluetooth 4.0 do CruxENCORE integra unha batería de 360 mAh que pode cargarse por micro USB e tería unha autonomía de ata máis dun mes cun uso moderado.
O CruxENCORE mide 24,5 x 18,5 x 2 centímetros, pesa 658 gramos, estará dispoñible en varias cores e pode adquirirse a través de Kickstarter por 89 dólares, cando o prezo oficial que terá cando chegue ao mercado será de 199 dólares. Prevese que a entrega do produto realícese a partir do mes de maio.
Vídeo de presentación da campaña
CruxCase recorre a Kickstarter para financiar a súa nova funda-teclado para iPad Air
Compartir Este Artigo

