Tras o éxito do encontro organizado en Compostela polo GDG Santiago no que amosaron a tecnoloxía de Google Glass, o Grupo de Desenvolvedores de Google quere continuar as súas actividades públicas repetindo enclave, de xeito que o xoves 8 de maio ás 12:15 horas no salón de actos do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS) celebrarán unha xornada sobre hacking en Android titulada Caballo de Trivia-2. Jugándosela a 6 millones de usuarios, na que os investigadores en seguridade informática Román Pena e Miguel Gesteiro desarmarán o popular xogo para Android Atríviate (antes coñecido como TriviaDos) para comprometer o xogo, o seu protocolo de comunicación e finalmente o seu servidor, amosando así como conseguir facer trampas para gañar sempre e ameazar a seguridade de 6 millóns de contas de usuario rexistradas neste título desenvolvido con participación galega.
Nesta actividade repasarán as técnicas e ferramentas empregadas en enxeñería inversa para Android e relatarán como se reportou a vulnerabilidade a través do GDT da Garda Civil.
O GDG Santiago organiza unha xornada sobre hacking en Android
Compartir Este Artigo

