
O CPEIG quixo premiar a Domingo Molina pola súa “capacidade transformadora do Sector Público Administrativo Estatal”. Amais de ser o responsable do modelo de Gobernanza TIC e de ser un firme defensor da profesión de enxeñeiro/a en Informática e de actuar como interlocutor coas altas esferas do Goberno central no relativo á situación da profesión perante a Lei de Colexios e Servizos Profesionais.

Pola súa banda, Jacinto Canales é na actualidade o presidente do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática (máximo órgano de representación da profesión en España). Participou na creación do tecido asociativo da Enxeñaría en Informática desde o ano 1993, sendo cofundador das asociacións de Enxeñaría Informática de Castela e León e de Madrid, e cofundador da Asociación de Enxeñaría en Informática, do mesmo xeito que cofundador do órgano predecesor do Consello Xeral. Asemade, contribuíu á creación de asociacións e colexios noutros territorios do Estado, como son: Asturies, Cantabria, A Rioxa ou Navarra. Licenciado e enxeñeiro en Informática pola Universidade de Valladolid, conta cunha traxectoria profesional de 20 anos no sector TIC.
Por último, engadir que no encontro do 10 de maio os colexiados aprobaron tamén distintas modificacións nos estatutos do CPEIG, co obxecto de adaptalos á normativa vixente. Alén disto, revisáronse as contas do exercicio pasado, os orzamentos para o presente e confirmouse a cota de colexiación de 60 euros ao semestre (120 euros ao ano).
O CPEIG recoñece o labor de Domingo Molina Moscoso e de Jacinto Canales de Caso
Compartir Este Artigo
