Samsung continúa na súa liña de acompañar os seus móbiles insignia con revisións que potencian distintas funcionalidades para adaptarse ás demandas de diferentes perfís de usuario, e pensando nos consumidores que gusten da práctica deportiva ou de actividades en exteriores estrean agora nos EE.UU. a través de AT&T o Samsung Galaxy S5 Active cun prezo libre de 714,99 dólares (672,69 euros) ou 199,99 dólares con contrato.
O novo terminal resistente de Samsung ten unha pantalla Super AMOLED Full Hd de 5,1 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 801 de catro núcleos a 2,5 GHz, 2 Gb de RAM, ata 128 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 128 Gb), cámara de 16 Mpíxeles, Bluetooth 4.0, Wi-Fi AC, LTE (4G), batería de 2.800 mAh e sistema operativo 4.4, o que serían unha funcionalidades bastante estándar para terminais actuais de alta gama, sobre os que destaca este dispositivo por contar con protección contra golpes, auga e po baixo o estándar IP67 e a especificación MIL-spec810G. Na liña do Galaxy S5 tamén conta con pulsímetro e software (Activity Zone) para complementar as actividades ao aire libre.
O Samsung Galaxy S5 estrea a súa versión Active
Compartir Este Artigo

