O operador coruñés de telecomunicacións Ocean’s vai dar un importante salto adiante nos seus servizos no mes de setembro, cando a compañía comezará a ofrecer os seus servizos de fibra óptica nas provincias de Alicante, Barcelona, Girona, Madrid, Valencia, Biscaia, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, que chegarán non só a novos clientes, senón tamén aos actuais usuarios de Ocean’s nas 10 provincias indicadas.
Con este avance Ocean’s ampliará considerablemente o seu catálogo de produtos, que xa non limitarán o acceso á Internet fixo á tecnoloxía de ADSL, senón que incorporarán distintas modalidades de servizos a través da fibra óptica, que completaranse co resto de produtos do operador para continuar a apostar pola converxencia de produtos que caracteriza a esta empresa nacida na cidade da Coruña.
Ocean’s achegará os seus servizos de fibra óptica ás catro provincias galegas
Compartir Este Artigo
