As tecnoloxías da información centran a sexta edición do evento-xuntanza Getting Contacts, a celebrar o día 11 de decembro en Santiago. A cita servirá de punto de encontro entre empresas, subministradores e potenciais investidores, non só procedentes do sector TIC, aínda que tamén e máis que nunca. Sobre todo se temos en conta as conclusións extraidas das anteriores edicións e das diversas reunións mantidas polos responsables de Getting Contacts e o Concello de Santiago, reunións nas que se abordaron os potenciais e o estado de saúde de diferentes sectores e chegouse ao acordo de apostar, nesta edición, polas industrias tecnolóxicas. De feito, este ano está o Clúster TIC Galicia na organización.
Desde o Clúster apuntan a necesidade de conseguir que o mercado galego dea acubillo ás novas xeracións formadas en novas tecnoloxías. Asemade, a organización TIC galega apunta que este evento servirá para acadar ligazóns con empresas nacionais.
O lugar elixido para a cita é o Hotel AC Palacio do Carme. A xornada contará (entre outras cousas) cun relatorio sobre o financiamento para emprendedores a cargo do director comercial de AFIGAL, amais dunha demostración de Google Glass que porá o broche final á cita. O prazo para inscribírmonos aínda fica aberto.
Lembrar que na anterior edición de Getting Contacs participaron 196 empresas e 109 profesionais. O obxectivo destas xuntanzas é fortalecer os contactos entre as empresas facilitando o traballo colaborativo e en rede, xerar novas oportunidades de negocio, a partir de entrevistas por intereses e, por último, atraer a empresarios doutras zonas a abrir as portas a novos investimentos.
As TIC serán o fío temático da sexta edición de Getting Contacts, en Santiago
Compartir Este Artigo
