Vodafone España informou que vén de obter a renovación da certificación de Accesibilidade Universal segundo UNE 170001 para as súas tendas propias 2.0. A distinción, froito da última auditoría levada a cabo por Bureau Veritas entre o 20 de outubro e o 7 de novembro de 2014, recoñece os esforzos da operadora en materia de adaptación a todo todo tipo de usuarios, sexan cales sexan as súas características funcionais, motrices ou cognitivas. engaden fontes da empresa. Esta adaptación consistiu, basicamente, nun redeseño integral co obxectivo de crear espazos máis amplos, sen atrancos nin mostradores, “espazos que faciliten a visita e melloren a accesibilidade das persoas con necesidades especiais ou maiores”, explica Vodafone.
Lembrar que en maio de 2010, a empresa converteuse na primeira empresa de España en obter este recoñecemento para unha rede comercial de tendas. Ademais, durante os últimos anos, a compañía puxo en marcha un plan de transformación da canle de distribución que se prevé abranguer 453 puntos de venda antes de marzo de 2017, supoñendo un investimento de máis de105 millóns de euros.
Volvendo ás tendas propias da imaxe 2.0, sinalar que a un nivel máis concreto foron obxecto (entre outras) das seguintes incorporacións: automatismo nas portas de acceso aos establecementos, acceso á información e terminais móbiles expostos (altura dos móbiles, fíos e información das características), postos de atención a persoas usuarias de cadeira de rodas e zonas de descanso (cadeiras de brazos dotadas con iPad) e cadeiras altas que tamén se empregan como apoio isquiático nas tendas que non teñen espazo de abondo para instalar asentos de brazos.
A tendas 2.0 de Vodafone, recoñecidas polo seu nivel de accesibilidade
Compartir Este Artigo
